9 bandeiras azuis máis para as praias galegas

Galicia é a comunidade autónoma con máis distintivos

Galicia perdera sete bandeiras azuis en 2011, pero nesta nova convocatoria do distintivo que certifica a calidade ambiental e de servizos das praias, o noso país volveu a gañar nove distintivo. Con 126 praias premiadas, Galicia convírtese na comunidade autónoma con maior número de areos certificados e Sanxenxo, con 14 bandeiras azuis, no concello con maior número de galardóns a nivel español. O propio Estado español incrementou en 35 o número de insignias, quedando nun total de 638 bandeiras azuis.