As praias galegas perden 4 bandeiras azuis

O noso país está á cabeza de estado en número de distincións con 123

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTurismo
Compartir:

Catro bandeiras azuis menos ondearán nas praias galegas este verán a respecto do pasado. A Asociación para a Educación Ambiental (Adeac) facía pública esta mañá a listaxe de areais e portos que ostentarán a distinción este ano. O noso país, cun total de 123 enseñas para praias sobre 140 candidaturas, continúa a encabezar o número de bandeiras a nivel estatal. As praias que obtiveron este recoñecemento supoñen un 17,28% das que existen no país cun total de 537 quilómetros de costa.

O descenso no número de bandeiras repártese entre A Coruña, que fica con 46 ao perder a enseña tres areais e Lugo, que perde dous e mantén 18, mentres Pontevedra gaña un e obtén así 59. A nivel de portos, a costa galega suma dous máis aos recoñecidos con este distintivo, chegando así a 19.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Lugo, Pontevedra, A Coruña

Claves

Conceptos