Antes do Prestige 64 bandeiras azuis. Despois do Prestige 57. O número de bandeiras azuis que ondearán nas praias galegas este verán baixaron minimamente, e pode que diminúan se seguen a chegar á costa galletas de fuel como ata agora durante a temporada de baño. En total seis areais menos izarán unha bandeira que ben sendo máis un distintivo turístico que de calidade do medio.
En 57 areais galegos ondeará unha Bandeira Azul na temporada de baño que se estende desde o 15 de xuño ao 15 de setembro. Pero nesa listaxe non están, por poñer un exemplo, nin a Praia Maior de Malpica, nin Area da Cruz (no Grove) nin San Xurxo (en Ferrol). A pouca calidade das súas augas, a presencia de chapapote como resultado dos vertidos do Prestige, fixo que as tres praias que levaban anos marcando o selo de prestixio e calidade dos areais, perderan a súa bandeira. As protestas dos titulares de ambos os concellos non se fixeron esperar e xa apuraron as súas reclamacións para un distintivo que máis que unha marca de calidade do medio, é un reclamo turístico.
Alego que...
O concello de Vilagarcía alegou contradiccións entre as análises que a Consellería de Medio Ambiente elaborou na praia de Compostela (que tampouco recibirá a bandeira) durante o 2002 e nas que se basea a FEE (Fundación para a Educación Ambiental, as siglas en inglés da Foundation for Environmental Education) para conceder este galardón. O concello do Grove xustificaba que a praia de Area da Cruz está completamente limpa e non así a da Lanzada (que si recibiu o distintivo). Un argumento semellante ao do Concello de Ferrol que xa lle pediu as explicacións pertinentes á fundación encargada de conceder as Bandeiras Azuis. Xaquín Ros, concelleiro de Medio Ambiente en funcións en Ferrol considera que San Xurxo está limpa mentres que en Doniños si se percibe a presencia de chapapote nas rochas e nas capas profundas.
A este respecto o vocal de Biodiversidade do colectivo ecoloxista Adega, Xabiez Vázquez Pumariño, matizou en "A Nosa Terra" que só se pode falar da retirada de fuel pero non de limpeza, xa que moitas veces se está a facer con métodos pouco ortodoxos que están afectando á recuperación ambiental. E non só iso, senón que ademais argumenta que as praias con bandeira azul son as máis estragadas, as maiores víctimas da intervención humana, as que menos conservan o seu estado natural. Unha afirmación que se produciu debido a que se apurou a retirada de fuel sen atender ao ecosistema.
Criterios de bandeira
O distintivo da bandeira azul que concede anualmente a FEE (Fundación para a Educación Ambiental), unha fundación privada sen ánimo de lucro, céntrase en catro piares: calidade das augas, educación ambiental e información, xestión ambiental e seguridade e servicios. A maior parte dos criterios dependen máis do nivel servicios e infraestructuras coas que se dota cada areal (desde as duchas ata os accesos ás praias). Todos agás o primeiro, para o que Xabier Pumariño apunta que miden cuestión relativas á calidade da auga, pero que non chegan a medir a presencia de hidrocarburos aromáticos, entre outras razóns porque as análises son moi caras, aínda que a toxicidade destes hidrocarburos sexa alta.
A FEE é unha fundación con presencia nuns 30 países en Europa, África e América, que se organiza internamente en asociacións (que teñen que ser obrigatoriamente ONG). A división española da FEE é a ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), que ten un xurado nacional composto por membros da FEGAMP (Federación Española de Municipios e Provincias), da sección de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, así como membros das comunidades autónomas que son os que se encargan de facer a primeira criba entre as solicitudes presentadas. Logo, unha vez feita a primeira escolla pásanlle ao xurado internacional a listaxe de praias para que eles emitan un veredicto final. Unha vez que o xurado internacional decide as praias merecedoras da distinción a listaxe é definitiva. Pódese revogar algunha bandeira xa concedida, pero, segundo fontes de ADEAC, non ampliar o número.
Máis turístico que ambiental ou non, o caso é que a Bandeira Azul en Galicia segue a ter un inimigo, o chapapote que, desde hai uns meses chega sistematicamente ás costas galegas.
Manter ao chapapote afastado
O 13 de novembro afundía ante as costas galegas o petroleiro Prestige, deixando ao seu paso un regueiro de fuel que foi escurecendo as augas e as praias galegas. O labor intenso e constante do voluntariado fixo posible que os quilómetros de costas se atopen na situación actual, con 57 bandeiras. Como o Prestige segue a verter fuel, o chapapote é un perigo constante tanto para a calidade da auga como para o estado das rochas e areais, algúns dos criterios para obter bandeira azul.
Na rolda de prensa de presentación da listaxe de Bandeiras Azuis deixouse ben claro que o distintivo é revogable ao largo da temporada. Con este feito realizaranse catas continuadas durante o verán, e no caso de atopárense restos de fuel ou o incumprimento dalgúns dos requisitos na primeira vez, obrigarase a baixar a bandeira. No caso de que se dea unha segunda vez esa situación anómala, retirarase a distinción.
Para iso os concellos e a Xunta xa teñen os seus criterios. Sobre a chegada de chapapote ao concello de Ferrol, o seu concelleiro de Servicios e Medio Ambiente, Xaquín Ros, asegurou que existe un compromiso coa entidade promotora desta iniciativa para poder cumprir os requisitos que garanten a bandeira e para os que se encargará a empresa contratada polo concello.
E para o resto, logo da xuntanza celebrada entre o Comisionado do Goberno para o Prestige e a Xunta os concellos das zonas afectadas pola marea negra poderán contratar persoal, sen límites nos orzamentos, para traballos de recuperación da costa durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para isto haberá acordos co INEM polos que os desempregados serán os encargados de levaren a cabo as tarefas de limpeza. Segundo os datos que se fixeron públicos trala xuntanza está previsto que se contraten máis de mil desempregados para estas tarefas aínda que o número poderá variar segundo as necesidades que establezan os concellos.
AS PRAIAS CON BANDEIRA AZUL.En 57 areais galegos ondeará unha Bandeira Azul na temporada de baño que se estende desde o 15 de xuño ao 15 de setembro. Pero nesa listaxe non están, por poñer un exemplo, nin a Praia Maior de Malpica, nin Area da Cruz (no Grove) nin San Xurxo (en Ferrol). A pouca calidade das súas augas, a presencia de chapapote como resultado dos vertidos do Prestige, fixo que as tres praias que levaban anos marcando o selo de prestixio e calidade dos areais, perderan a súa bandeira. As protestas dos titulares de ambos os concellos non se fixeron esperar e xa apuraron as súas reclamacións para un distintivo que máis que unha marca de calidade do medio, é un reclamo turístico.
Alego que...
O concello de Vilagarcía alegou contradiccións entre as análises que a Consellería de Medio Ambiente elaborou na praia de Compostela (que tampouco recibirá a bandeira) durante o 2002 e nas que se basea a FEE (Fundación para a Educación Ambiental, as siglas en inglés da Foundation for Environmental Education) para conceder este galardón. O concello do Grove xustificaba que a praia de Area da Cruz está completamente limpa e non así a da Lanzada (que si recibiu o distintivo). Un argumento semellante ao do Concello de Ferrol que xa lle pediu as explicacións pertinentes á fundación encargada de conceder as Bandeiras Azuis. Xaquín Ros, concelleiro de Medio Ambiente en funcións en Ferrol considera que San Xurxo está limpa mentres que en Doniños si se percibe a presencia de chapapote nas rochas e nas capas profundas.
A este respecto o vocal de Biodiversidade do colectivo ecoloxista Adega, Xabiez Vázquez Pumariño, matizou en "A Nosa Terra" que só se pode falar da retirada de fuel pero non de limpeza, xa que moitas veces se está a facer con métodos pouco ortodoxos que están afectando á recuperación ambiental. E non só iso, senón que ademais argumenta que as praias con bandeira azul son as máis estragadas, as maiores víctimas da intervención humana, as que menos conservan o seu estado natural. Unha afirmación que se produciu debido a que se apurou a retirada de fuel sen atender ao ecosistema.
Criterios de bandeira
O distintivo da bandeira azul que concede anualmente a FEE (Fundación para a Educación Ambiental), unha fundación privada sen ánimo de lucro, céntrase en catro piares: calidade das augas, educación ambiental e información, xestión ambiental e seguridade e servicios. A maior parte dos criterios dependen máis do nivel servicios e infraestructuras coas que se dota cada areal (desde as duchas ata os accesos ás praias). Todos agás o primeiro, para o que Xabier Pumariño apunta que miden cuestión relativas á calidade da auga, pero que non chegan a medir a presencia de hidrocarburos aromáticos, entre outras razóns porque as análises son moi caras, aínda que a toxicidade destes hidrocarburos sexa alta.
A FEE é unha fundación con presencia nuns 30 países en Europa, África e América, que se organiza internamente en asociacións (que teñen que ser obrigatoriamente ONG). A división española da FEE é a ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), que ten un xurado nacional composto por membros da FEGAMP (Federación Española de Municipios e Provincias), da sección de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, así como membros das comunidades autónomas que son os que se encargan de facer a primeira criba entre as solicitudes presentadas. Logo, unha vez feita a primeira escolla pásanlle ao xurado internacional a listaxe de praias para que eles emitan un veredicto final. Unha vez que o xurado internacional decide as praias merecedoras da distinción a listaxe é definitiva. Pódese revogar algunha bandeira xa concedida, pero, segundo fontes de ADEAC, non ampliar o número.
Máis turístico que ambiental ou non, o caso é que a Bandeira Azul en Galicia segue a ter un inimigo, o chapapote que, desde hai uns meses chega sistematicamente ás costas galegas.
Manter ao chapapote afastado
O 13 de novembro afundía ante as costas galegas o petroleiro Prestige, deixando ao seu paso un regueiro de fuel que foi escurecendo as augas e as praias galegas. O labor intenso e constante do voluntariado fixo posible que os quilómetros de costas se atopen na situación actual, con 57 bandeiras. Como o Prestige segue a verter fuel, o chapapote é un perigo constante tanto para a calidade da auga como para o estado das rochas e areais, algúns dos criterios para obter bandeira azul.
Na rolda de prensa de presentación da listaxe de Bandeiras Azuis deixouse ben claro que o distintivo é revogable ao largo da temporada. Con este feito realizaranse catas continuadas durante o verán, e no caso de atopárense restos de fuel ou o incumprimento dalgúns dos requisitos na primeira vez, obrigarase a baixar a bandeira. No caso de que se dea unha segunda vez esa situación anómala, retirarase a distinción.
Para iso os concellos e a Xunta xa teñen os seus criterios. Sobre a chegada de chapapote ao concello de Ferrol, o seu concelleiro de Servicios e Medio Ambiente, Xaquín Ros, asegurou que existe un compromiso coa entidade promotora desta iniciativa para poder cumprir os requisitos que garanten a bandeira e para os que se encargará a empresa contratada polo concello.
E para o resto, logo da xuntanza celebrada entre o Comisionado do Goberno para o Prestige e a Xunta os concellos das zonas afectadas pola marea negra poderán contratar persoal, sen límites nos orzamentos, para traballos de recuperación da costa durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para isto haberá acordos co INEM polos que os desempregados serán os encargados de levaren a cabo as tarefas de limpeza. Segundo os datos que se fixeron públicos trala xuntanza está previsto que se contraten máis de mil desempregados para estas tarefas aínda que o número poderá variar segundo as necesidades que establezan os concellos.
Listaxe compreta de praias que acadaron este ano o distintivo de Bandeira Azul en Galicia
(Fonte: Xunta de Galicia)