Todas as praias son aptas para o baño e 63 ondean a bandeira azul de calidade

Un baño azul

En Galicia existen 243 kilómentros de praias e todas de boa calidade. Ata tal punto, que o 100% dos nosos areais gozan de aguas aptas para o baño dos que 63 onderán este verán a Bandeira azul. Se o ministerio de Sanidade avaliou a calidade das augas marítimas como "moi boa" e "boa", a Fundación Europea para a Educación Ambiental elevou a 63 o número de areais que ondearán este ano o distintivo da bandeira azul. Un icono de limpeza, salubridade, e gran cantidade de servicios que terán este ano quince praias máis. E agora só haberá que agardar que o tempo acompañe para poder gozar destas praias.

Aptas para o baño



O Ministerio de Sanidade é a autoridade competente e a encargada de comprobar a calidade das augas. E xa non só a súa potabilidade, senón tamén se son aptas para o baño. Logo dun estudio realizado controlando e vixiando o spuntos de mostreo cada quince días durante todo un ano, a salubridade e hixiene quedou demostrada no paso da costa galega. Os 1.195 km de costa de Galicia (repartidos en 820 para acantilados e 243 para praias) son aptos para o baño e mesmo hai moitas zonas "con nota". Concretamente o 74,48% son cualificadas como de "moi boa calidade" e o 25, 51% restante de boa calidade. Unha porcentaxe que se obtén dun mostreo formado por 44 zonas de baño (as que formaron parte da mostra coordinada pola dirección de Saúde Pública).
Os criterios de "moi boa calidade" implica que cumplen as condicións de cor, aceitas, minerais, fenois, coliformes fecais e transparencia. Tampouco sobrepasan os valores de osíxeno disolto e materiais fecais.












Bandeira azul




A Fundación Europea para a Educación Ambiental acaba de facer público o listado de praias e portos deportivos que onderán este verán o distintivo de bandeira azul. Un galardón que este ano obtiveron 63 areais galegos, quince máis que o ano pasado. E isto sitúa a Galicia como a terceira comunidade, empatada con Andalucía, en número de lugares de baño premiados con tal distintivo. Un icono que pretente elevar o grado de conciencia ciudadá e o grado de intervención das autoridades sobre a calidade do entorno das praias e portos de Europa e, en particular, da calidade das augas de baño requeridas pola Directiva Comunitaria. En resumidas contas, un símbolo europeo de recoñecemnto de praias e portos que acadan esos niveis de calidade ambiental e buscan un respecto co entorno.


En Galicia, serán este verán "Bandeiras azuis"


- En Pontevedra, por concellos


- Sanxenxo: Silgar, Montalvo, Canelas,

Caneliñas, Paxariñas, Maior, Foxos, Areas Gordas- A Lapa.


- Marín: Portocelo, Mogor e Aguete


- Cangas: Areabrava


- O Grove: A Lanzada e Area da Cruz


- Bueu: Portomaior e Area de Bon


- Vigo: Rodas (Illas Cías), A Punta e O Vao.
- Nigrán: Patos, Praia América e Panxón.





En A Coruña


- Malpica: Praia Maior


- Laracha: Caión


- Arteixo: Barrañán


- Carballo: Razo


- A Coruña: Riazor, Orzán, San Amaro, As Lapas e Oza (unha das maiores sorpresas, porque a Autoridade Portuaria decidíu construir unha balsa de lodo rechea con materiais contaminantes, como PCB, chumbo e outros materiais pesados cos que se temía que o verquido se podía filtrar, aínda que tras varias probas demostrouse que non).


-Oleiros: Bastiagueiro


- Miño: Miño Grande, Praia da Riberia e Perbes.


- Ferrol: Doniños e San Xurxo.


- Valdoviño: Frouxeira.


- Ortigueira: Morouzos, La Concha e San Antonio


- Mañón: Bares





En Lugo:


- Viveiro: Sacido, Area


- Xove: Esteiro


- Cervo: O Tomo, Cubelas


- Foz: Llas, A Rapadoira e Peizás


- Burela: Portelo e A Marosa


- Barreiros: San Bartolo-Altar, Benquerancia-Valea, S. Miguel-Reinante, As Pasadas e Longara.


- Ribadeo: Os Castros.





Os Portos deportivos galardoados con este distintivo:


- Club de Iates Monte Real de Baiona


- Vilagarcía de Arousa


- Porto de Pedras Negras de O Grove


- CN Portosín- Porto do Son


- RCN de A Coruña


- Porto Fontán de Sada (Lugo)


- Ribadeo (Porcillán).