Medio cento de escritores, entre os que está Darío Xohan Cabana, Marilar Aleixandre ou Xosé Neira Vilas, colaboran nun volume co que denuncian o cambio de uso do Mosteiro de Celanova. En defensa do Poleiro. A voz do escritores galegos en Celanova (Toxosoutos, 2010) é o libro colectivo no que os escritores achegan colaboracións literarias que pretenden reivindicar o actual uso do edificio (as instalacións dun instituto). Esta iniciativa súmase aos actos convocados pola sociedade celanovesa desde que coñeceron a intención do concello de poñer o edificio en mans privadas para convertelo nun hotel.
Escritores asinan un libro reivindicando o uso público do Mosteiro de Celanova
Súmase aos actos de protesta convocados pola sociedade celanovesa
17 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Celanova, Marilar Aleixandre, Xosé Neira Vilas...
Claves
Protagonistas
Conceptos
Lugares