Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier E. Baixeras, Darío Xohan Cabana, Miguel Anxo Fernán-Vello... así ata 31 escritores na narrativa galega actual conforman a nova publicación do Consello da Cultura Galega. "Poetas e Narradores nas súas voces" é un libro-Cd que recolle unha escolma da literatura galega actual. No acto de presentación, que tivo lugar esta mañá, o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares estivo acompañado de oito dos escritores co-autores do libro. No acto tamén se presentou a Paulino Novo como novo responsable do Arquivo Sonoro.
Libro-CD
Carlos Casares, franqueado por Salvador García Bodaño, Luís González Tosar, Marina Mayoral. Luz Pozo Garza, Xulio L. Valcárcel, Xavier Alcalá e Marina Mayoral. Todos eles son algúns dos trinta e un escritores que forman parte deste novo proxecto do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. A publicación consta de dúas partes. Por unha banda, un volume que recolle relatos dos escritores seleccionados, e pola outra o CD grava as voces dos escritores recitando dos seus propios textos. Unha característica que a coordinadora da publicación, Luisa Castro, xustificou dicindo "a literatura é máis que a palabra é o sentimento, e a voz é o vínculo no que se plasma ese sentimento". O último premio Azorín de novela destacou que os criterios de selección desta publicación fuxiron das criterios xeracionais, de temática ou de estilo. Os parámetros de selección aplicados por Luisa Castro foron os de ser escritores que eran asequibles ou coñecidos polo público, porque, segundo ela, o cometido deste volume é o de chegar ó gran público.
"Poetas e Narradores nas súas voces" é o primeiro volume dunha serie na que está a traballar o Arquivo Sonoro. Un proxecto que pretende a recuperación do patrimonio galego do mesmo xeito que se está a realizar noutros países.
Novo membro
O acto organizado no salón de actos do Consello da Cultura Galega foi doble. Amén da publicación presentouse ó novo responsable do Arquivo Sonoro de Galicia, o lingüísta Paulino Novo. Deste xeito vén a substituir a Alfonso Vázquez Monxardin, que pasa a ocupar o cargo de secretario do arquivo.