O proxecto Voces Centenarias, espazo de difusión dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, incorporou este 7 de outubro tres rexistros da voz de María Casares ao seu espazo web. A coincidir co centenario da actriz que se celebra neste 2022, a iniciativa recolle pezas procedentes da Colección Afundación e o Círculo das Artes de Lugo.
As gravacións permiten escoitar a intérprete a recitar dous poemas de Manuel Curros Enríquez, Nouturnio e Cántiga. Estas pezas rexistráronse en 1957 en Bos Aires, cando Casares realizou unha xira por América do Sur co Théâtre National Populaire de Jean Vilar.
Na peza sonora de Nouturnio pódese comprobar a "declamación lenta, interiorizada e cunha prosodia galega sorprendente se se considera que a actriz deixou Galicia aos 14 anos", segundo explica a presentación do audio. De Cántiga destaca tamén "a prosodia da actriz e o dramatismo que transmiten as súas palabras".
A terceira gravación realizada en 1963, procede da gravación que a discográfica CBS de Bos Aires realizou para o disco Amor divino. Amor humano, unha escolma de poesía castelá na voz da actriz, acompañada polo coro Lagun Onak e a guitarra de Roberto Bergonzi. Vivo sin vivir en mí de Teresa de Xesús é a peza que agora se achega.
Sobre a gravación, a propia Casares aseguraba no disco que "sempre me gustou imaxinar, concibir, preparar, elaborar un disco. Para un actor que traballa con esa materia cruel que é a fuxida do tempo, un disco responde en parte á nostalxia que sempre arrastramos connosco ao non poder realizar eses labores manuais que, se tamén son efémeros, ofrecen polo menos a quen os fixo un resultado concreto, independentemente dese labor do actor que está sentenciado a morrer cada vez que cae o pano".