Darío Xohán Cabana apadriñará a segunda edición do premio Biblos-Pazos de Galicia

Darío Biblos-Pazos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O escritor chairego Darío Xohán Cabana será quen apadriñe o autor que venza no II Premio de Creación Literaria Biblos-Pazos de Galicia. Seguindo as bases do certame, o gañador, que deberá presentar un proxecto de novela de entre trinta e corenta folios, disporá dun mes nunha casa de turismo rural en compañía de Cabana para darlle a forma final ao texto. Ademais das entidades mencionadas, tamén colaboran na convocatoria o Consello da Cultura Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais a Mesa pola Normalización Lingüística.

Máis información no web de Biblos

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito