O certame Biblos-Pazos de Galicia premiará un proxecto de novela aportando as condicións ideais para o seu desenvolvemento

Búscase autor que busca relato

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Moitos afeccionados á escritura desexarían ter tempo en condicións para levar ao papel unha idea para unha novela á que levan tempo dando voltas. Agora un certame dará aos escritores e escritoras mozos a oportunidade que desexaban. Nunha iniciativa sen precedentes o Biblos Clube, co apoio de Pazos de Galicia, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, veñen de convocar o primeiro premio Biblos – Pazos de Galicia. As bases do premio estipulan que se dirixe a mozos e mozas de menos de 25 anos que presenten un proxecto de novela –un capítulo e descrición de argumento, escenarios e personaxes- e o galardón para o mellor é unha estancia dun mes enteiro na Casa Grande do Bachao, próxima a Santiago para o desenvolvemento da novela coa axuda dun autor veterano. A novela gañadora publicarase na Colección Mandaio de Biblos e terá unha edición especial coa súa tradución ao castelán para os clientes de Pazos de Galicia que veñan de fóra.

Máis información en Biblos Clube

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblos, Escritores, Lingua galega, Tradución...