O terceiro premio Biblos-Pazos de Galicia vai para un proxecto de novela urbana de Patricia Casas

Premio Biblos

“Vidas entrelazadas” é título provisional da novela que Patricia Casas terá que rematar coa axuda da escritora Helena Villar. Casas, coruñesa de 24 anos, é licenciada en Dereito e estudante de Filoloxía Hispánica e foi o seu proxecto de novela o elixido polo xurado do terceiro Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos. A obra é unha novela urbana composta por varias historias independentes entre si que transcorren no devir diario da cidade herculina. Patricia Casas pasará agora un mes na Casa Grande do Bachao para converter o proxecto en novela baixo a titorización de Helena Villar Janeiro, como parte do compromiso do premio.

Máis información Biblos Clube