Catro escritores optan ao premio Biblos a proxectos de novela

A polo Biblos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Catro son os finalistas seleccionados polo xurado para competir polo I Premio Biblos-Pazos de Galicia para menores de 25 anos cuxo gañador se dará a coñecer en xullo. O xurado seleccionou de entre os traballos presentados as memorias elaboradas por Eva Moreda Rodríguez, de Ribadeo; Alberto M. Ramos Ríos, de Santiago; Iria López Teijeiro, de Fene, e Alejandra Pérez Feal, de Ferrol. Cada un dos finalistas deberá presentar unha redacción o máis avanzada posible das súas respectivas novelas antes do 15 de xuño para optar ao premio. O gañador poderá pasar todo o mes de outubro na Casa Grande do Bachao a gastos pagados, recibirá un ordenador persoal e unha escultura do artista Luís Loureira; ademais, contará con Méndez Ferrín como titor que lle aconsellará posibles melloras no seu traballo. A obra rematada, que publicará a colección Mandaio e que será editada nunha edición especial en castelán para os clientes de fóra de Pazos de Galicia, deberá ser entregada antes de rematar o presente ano.

Máis información no Biblos Clube

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblos, Escritores, Eva Moreda, Eva Moreda...

Claves

Conceptos
Lugares