Este sábado fállase o I Premio Biblos-Pazos de Galicia para proxectos de novela

Premio para crear

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Iria López Teijeiro, Alberto M. Ramos Ríos e Alejandra Pérez Feal, asinantes de tres das catro memorias seleccionadas, son quen optan ao galardón logo de achegar unha primeira versión das súas respectivas novelas. A autora do cuarto proxecto que quedara finalista, Eva Moreda, tivo que renunciar a participar por motivos laborais. O gañador desvelarase durante un xantar o sábado 23 de xullo nos salóns da Casa Grande do Bachao e que reunirá un centenar longo de escritores, editores e representantes do mundo social e cultural galego. O gañador/a permanecerá o mes de outubro nese establecemento asociado a Pazos de Galicia para rematar a novela con Xosé Luís Méndez Ferrín como titor e a publicará a obra na colección Mandaio e nunha edición especial en castelán dirixida aos hóspedes de Pazos de Galicia.

Máis información en Biblos Clube

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblos, Eva Moreda, Méndez Ferrín, Eva Moreda...