Méndez Ferrín tutelará o gañador do Premio Biblos mentres Fernán Vello aparecerá nunha antoloxía de literatura universal

Titores e escolmados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O gañador do Premio BIblos de Creación Literaria, que pasará un mes nunha casa de turismo rural desenvolvendo o seu proxecto de novela, contará coa tutela de Xosé Luís Méndez Ferrín. O coñecido escritor ourensán será o encargado de analizar e discutir co gañador as súas ideas sobre a obra para o desenvolver nunha obra acabada. Mentres, coñeceuse que a escolma “De tots els vents”, que recolle en catalán obras de autores universais, incluirá catro cantigas de Martim Codax e un poema de Miguel Anxo Fernán Vello dedicado a Basilio Losada na súa selección.

Máis información sobre o premio Biblos en Biblosclube.com; sobre a escolma en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblos, Méndez Ferrín, Literatura, Basilio Losada...