Dezaseis escritores elaboran outras tantas rutas turístico - culturais dos seus entornos vitais

Rutas literarias do presente

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg), ven de facilitar a realización dunha serie de textos para 16 roteiros turísticos-culturais, baixo o título “Por Terras de…”, co obxectivo de espallar o coñecemento global da nosa Comunidade. O proxecto, que contou coa colaboración da Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, consistiu na elaboración por recoñecidos escritores da parte textual de 16 rutas literarias, con carácter divulgativo e vocación literaria, que se corresponden con diversas bisbarras e comarcas do noso país. Marta Dacosta, Anxo Angueira , Darío Xohán Cabana e Marilar Aleixandre son algúns dos dezaseis nomes de escritores con textos no proxecto.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Darío Xohán Cabana, Marta Dacosta, Anxo Angueira...