Euloxio Ruibal abre hoxe os “Roteiros literarios” para achegar a literatura ás rúas

Marilar Aleixandre será a seguinte participante o vindeiro 28 de xuño

14/6/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces
A colaboración entre o concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega botan a andar hoxe os Roteiros Literarios, unha iniciativa na que un escritor fará diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos. Euloxio Ruibal será o encargado de abrir este ciclo que partirá as 20:00 horas do Parque de Bonaval. Marilar Aleixandre será a seguinte participante o vindeiro 28 de xuño dun proxecto que terá dúas novas citas en agosto.
Para saber máis

Universo culturagalega.gal