Marilar Aleixandre recibirá a homenaxe O escritor na súa terra

A AELG recoñece tamén os organizadores do premio Blanco Amor e o Salón do Libro Infantil de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou por decisión unánime dos seus socios que Marilar Aleixandre sexa a vindeira autora recoñecida coa homenaxe O escritor na súa terra, no que recibirá o galardón Letra E, de escritor. Canda a isto, a asociación acordou concederlle o premio Bos e Xenerosos aos vinte e sete concellos que organizaron desde hai trinta edicións o Premio Blanco Amor de Narrativa. O premio entregaráselle no transcurso da Cea das Letras, que se celebrará na primeira semana de maio, aos representantes do Concello de Poio, que corre coa organización da xeira 2010 do certame. Finalmente, no mesmo acto entregarase o premio ás institucións, que recaeu desta volta no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marilar Aleixandre, Pontevedra, Narrativa, Escritores...