A AELG recoñece a Euloxio R. Ruibal co premio O Escritor na súa Terra

O poeta vasco Joseba Sarrionandia recibirá o galardón Escritor Galego Universal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Euloxio Ruibal e Joseba Sarrionandia. Fonte: AELG e Wikipedia

Euloxio Ruibal e Joseba Sarrionandia. Fonte: AELG e Wikipedia

A Asemblea Xeral da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega acordou este sábado 9 de marzo outorgar o seus premios honoríficos anuais. Euloxio R. Ruibal foi galardoado co XXV premio O Escritor na súa Terra - Letra E, como un xeito de dar visibilidade e recoñecemento a "toda unha vida de entrega á escritura dramática".

Santiago de Compostela acollerá a segunda semana de xuño a entrega da peza escultórica do galardón, nun acto no que se plantará unha árbore simbólica e se colocará un monólito conmemorativo.

Ademais, a asemblea acordou recoñecer como Escritor Galego Universal o poeta vasco Joseba Sarrionandia, autor que ten conta con obra traducida ao galego e ademais realiza traducións da nosa lingua ao euskera.

Que che parece esta nova?
145 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Euloxio R. Ruibal, Lingua galega, Santiago de Compostela, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega