Juan Gelman é o Escritor Galego Universal 2010

A Asociación de Escritores entregaralle o galardón na vindeira Cea das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega deciciu outorgarlle o seu premio Escritor Galego Universal ao arxentino Juan Gelman. O colectivo recoñece o traballo deste autor no campo da poesía canda ao seu compromiso cívico e o traballo que realiza a prol dos dereitos humanos. O galardón, correspondente ao ano 2010, entregaráselle a Gelman no transcurso da vindeira Cea das Letras, que está previsto que se celebre no mes de maio.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Poesía, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega