José Luís Sampedro é o Escritor Galego Universal de 2012

A Asociación de Escritores en Lingua Galega entregaralle o galardón o vindeiro mes de maio

20/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Fonte: Wikimedia Commons

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu outorgarlle a José Luís Sampedro o título de Escritor Galego Universal en 2012. O colectivo lembra, con esta mención "a alta calidade da súa literatura ‑lúcida, profunda, radical e transgresora‑, impregnada do insubornábel compromiso ético do autor". Na nota de prensa remitida, a AELG lembra os vencellos deste autor, nado en Barcelona, co noso país, sinalando que ocupou a presidencia de honra da Asociación Lóstrego, en Madrid, xa nos anos setenta e as diferentes visitas que realizou ao noso país. A entrega do galarón farase no vindeiro mes de maio.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Literatura, Madrid...