O xeorradar revela a existencia dun poboado ao carón de Dombate

Os arqueólogos pensan que podería ser da Idade do Bronce

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Trátase dun descubrimento moi importante. Un estudo con xeorradar encargado pola Deputación da Coruñar revelou a existencia dun poboado anexo ao dolmen de Dombate, un dos monumentos megalíticos máis coñecidos do país. O poboado está delimitado por unha estraña gabia reelaborada cando menos en catro ocasións. A gabia ten 954 metros de perímetro e 154 metros de radio, e no seu interior podería localizarse un poboado da Idade do Bronce que podería chegar mesmo ata os inicios da Idade do Ferro. En teoría o dolmen xa non cumpría o seu papel de monumento funerario de aquela. A gabia e o poboado conectan o espazo de Dombate coa cista de A Insua, actualmente no Museo Arqueolóxico de San Antón.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Bronce, Idade do Ferro, Arqueoloxía