Recoller ideas a prol da nosa lingua, desenvolver proxectos de xeito colaborativo e dispoñibilizar experiencias ao conxunto da sociedade. Estas son as principais funcións coas que se presentaba esta mañá Galego Lab, unha iniciativa nada como Asociación Cultural co apoio de nomes como Antón Reixa, AgustÃn Fernández Paz, Xosé Manuel Pereiro ou Henrique Monteagudo ata un total de 43 nomes, e que ten na rede e no pensamento colectivo as súas bases. A iniciativa quere centrar a súa acción no tempo libre e nas culturas emerxentes, e acepta ideas e doazóns de todos os interesados, funcionando baixo principios colaborativos. Entre as propostas xa en marcha, iniciativas como un duplo concerto de grupos en galego da Coruña e de Vigo, unha lista de reprodución de música en galego para facer ximnasia, un programa de visitas á aldea para neofalantes ou certame de videos sobre experiencia da vida diaria en galego. A iniciativa pretende “sumar esforzos e vontades en defensa do idioma galego” e complementar as plataformas xa existentes a prol da nosa lingua.