A oposición rexeita o pacto pola lingua proposto por Feijóo

Reclámanlle que recúe no decreto para o plurilingüismo

19/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
32 lecturas | Compartido 0 veces

O chamamento que realizou no Día das Letras o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para artellar un grande pacto pola lingua non conseguiu aceptación nos grupos políticos da oposición. Deste xeito o secretario do PSdeG, Pachi Vázquez, calificou de "ocurrencia" a proposta e avogou por constituír unha comisión parlamentaria con partidos e axentes sociais, económicos e culturais sobre este tema. Pola súa banda, desde o BNG, Guillerme Vázquez apuntou que para conseguir consenso o presidente debería eliminar as medidas que adoptou encol da lingua, e considerou a oferta "unha declaración de intencións que non se corresponde coa realidade". Fóra dos partidos, o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, recoñeceu que a proposta dun pacto pola lingua é "unha boa idea a explorar" pero que cómpre que "as obras sexan concordantes con esa idea".

Universo culturagalega.gal

15/03/2010

A hora do decreto

A Xunta deu a coñecer este sábado o proxecto de Decreto para o Plurilingüismo no Ensino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, PsdeG, BNG, Alberte Núñez Feijoo...