O ILG súmase á vaga de rexeitamentos da propostas do decreto

Instan ao presidente a volver ao consenso

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

“Representaría unha involución no proceso de normalización da lingua galega”, así o asegura o Instituto da Lingua galega nunha carta remitida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O documento amosa a preocupación polas “consecuencias negativas” que “o conflito” sobre as bases para a elaboración do decreto do galego ten para o status da lingua galega. No documento instan ao presidente a “volver ao consenso que presidiu a política lingüística en Galicia desde a promulgación da Lei de normalización lingüística ata a aprobación do Plan xeral de normalización da lingua galega”.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, ILG, Política Lingüística, Lei de Normalización Lingüística...