O académico da RAG e catedrático retirado da USC Manuel González será o coordinador do proceso de renovación do Plan Xeral de normalización lingüÃstica que está a promover a consellerÃa de Cultura e Lingua. O conselleiro, José López, reuniuse con el e co resto dos coordinadores das mesas de traballo que elaborarán o novo documento. González xa estivera á fronte da anterior redacción do Plan de normalización que, durante a presidencia de Manuel Fraga Iribarne, fora aprobado por unanimidade no Parlamento en 2004. Xunto a el, presentáronse os responsables das diferentes mesas de traballo: a doutora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela Diana Santiago, a profesora da Universidade de Vigo Edita de Lorenzo, o experto promoción da lingua galega na universidade e en formación de adultos Manuel Núñez, o presidente da Asociación de funcionarios pola normalización lingüÃstica e avogado XoaquÃn Monteagudo, o catedrático de Lingua e Literatura galegas Armando Requeixo, a presidenta do Museo do Pobo Galego e profesora da Facultade de Medicina Concha Losada, a avogada e presidenta da Fundación Vicente Risco Celia Pereira, a produtora e avogada Patricia Hermida, o presidente do Foro Enrique Peinador e recoñecido promotor da lingua galega en distintos ámbitos Xosé González, a sanitaria e escritora infantil RosalÃa Morlán, e o experto en relacións exteriores Xosé Lago.