A Xunta recibiu 1.400 propostas para a reforma do Plan de Normalización Lingüística

O Conselleiro de Cultura informou no Parlamento sobre os traballos neste sentido

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Máis de 400 contactos e un total de 1.400 propostas. Este é o resultado da fase de traballo de campo que promoveu a Xunta de Galicia de cara á renovación do Plan de Normalización Lingüística. A tarefa, organizada en 11 comisións de expertos, pasa agora á fase de redacción para elaborar "o documento definitivo que entregarán á Xunta no marco do Pacto pola Lingua", segundo informa a Consellería de Cultura.

José López Campos, titular da entidade, compareceu este 28 de xaneiro ante o Parlamento para dar conta da evolución destes traballos, e destacou que "finalizadas as entrevistas aumentáronse os prazos, a petición das comisións, para procesar a documentación con total autonomía e capacidade de decisión", e apuntou que "agardamos recibir nas vindeiras semanas o informe definitivo tras o que seguiremos insistindo en acadar o maior consenso posible polo galego".

Na súa intervención, López Campos listou tamén diferentes medidas a prol da lingua que está a desenvolver o eu departamento, como cursos para o estranxeiros ou o realización en liña das probas para obter o CELGA.

Que che parece esta nova?
238 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, José López Campos...