As mudanzas na polÃtica lingüÃstica que está a anunciar o presidente electo da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, teñen xa resposta por parte da Mesa pola Normalización LingüÃstica. O colectivo anunciou esta mesma mañá, nunha rolda de prensa, a convocatoria dunha manifestación o vindeiro 17 de maio en Compostela para defender a nosa lingua, marcándose coma obxectivo superar os 585 colectivos que se adheriran á convocatoria de 2008. Antes diso, o vindeiro luns 9 de marzo, a Mesa convoca unha xuntanza "aberta a todos os colectivos preocupados pola situación da lingua" para compartir reflexións encol das anunciadas mudanzas. Ademais, segundo anunciou o presidente da asociación, Carlos Callón, solicitarán entrevistas cos vindeiros responsables de educación e de polÃtica lingüÃstica, asà coma co propio Feijoo para coñecer de primeira man as súas propostas. Para rematar, Callón lembrou que o vindeiro 28 de marzo está prevista a celebración da Asemblea Xeral da Mesa, e animou a todos os interesados a se integrar no colectivo nun momento "no que se está a dar unha involución histórica na polÃtica lingüÃstica".