Persoeiros arroupan a manifestación do 17

A Mesa confía en superar a asistencia do pasado ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Persoeiros arroupan a manifestación do 17

Persoeiros da vida pública galega coma Xosé Antón Touriñán e Marcos Pereiro (“Mucha e Nucha”), Avelino Pousa Antelo, Manuel Rivas, Andrés Torres Queiruga, Carlos Blanco, Monti Castiñeiras, Antía Otero, Miguel Anxo Fernández, Lourenzo Fernández Prieto, Tonhito de Poi, Adela Figueroa, Federico Pérez ou Isabel Risco arrouparon esta mañá a convocatoria pública da Mesa pola Normalización para manifestación do vindeiro 17 de maio. Segundo asegurou o presidente da Mesa, Carlos Callónn, a mobilización xa conta co apoio de máis de seiscentas asociacións e o Manifesto a prol da Convivencia Lingüística que se lerá ao final da mesma tivo xa máis de 20.000 adhesións. A partir destes datos, a organización agarda superar a asistencia do pasado ano.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Andrés Torres Queiruga, Federico Pérez, Miguel Anxo Fernández...