O manifesto de apoio a Carlos Callón supera un milleiro de adhesións

O xuízo ao presidente da Mesa suspendeuse logo da recusación da maxistrada

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O xuízo a Carlos Callón por inxurias ao xuíz Antonio Fraga Mandián que comezou esta mañá no xulgado de instrución número dous da Coruña, foi suspendido. A avogada do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística recusou a xuíza asignada ao considerar que podía non ser imparcial. O presidente da Mesa recrimináralle ao maxistrado o seu retirado incumprimento da Lei de Normalización e o emprego sistemático do topónimo da Coruña en castelán. A apoiar a Callón nesta causa presentábase onte o manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua: non á criminalización da súa defensa!, que conta xa con máis de mil apoios, entre eles os de destacados persoeiros do mundo da cultura. Ademais, a Mesa chama a unha mobilización diante do xulgado esta mesma mañá a partir das doce.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Callón, Manifesto, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística