O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística acusou ó alcalde coruñés de ser hostil coa cultura galega

Vázquez entre a mesa e a parede

27/8/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Manuel Callón, asegurou na roda de prensa de presentación da campaña "Entra" que o alcalde da Coruña Francisco Vázquez "mantén unha actitude hostil cara a cultura galega'' e anunciou novas medidas ante a súa negativa a cumpri-la sentencia que sinala como topónimo oficial o de A Coruña. Callón destacou que o caso do topónimo "non é un problema de letra senón de democracia''. Neste sentido, engadiu que "Vázquez fixo malversación de fondos públicos'' ó utilizar diñeiro de tódolos cidadáns para financia-los recursos contra a sentencia.
Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, A Coruña, Francisco Vázquez...