A Mesa contesta a Francisco Vázquez explicando que a lei non permite só empregar La Coruña

Outra vez o L

9/1/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
As relacións entre Francisco Vázquez e a Mesa pola Normalización Lingüística volven a estar na palestra outra vez. ¿O motivo? O alcalde coruñés afirmou que a Lei de Grandes Cidades lle permitiría mudar o nome oficial do concello para La Coruña. E o feito foi rapidamente contestado pola Mesa, que asegurou que ese feito incumpre a sentenza xudicial que marca que o topónimo oficial é A Coruña, alén de explicar que o goberno autonómico é o único que ten competencia para facelo cambio.

Máis información en Agal, o portal galego da lingua

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Francisco Vázquez, AGAL, Normalización Lingüística...