Os documentos antigos supoñen un recurso fundamental para escribir a historia. No entanto, non sempre están tan dispoñibles como quixeran os investigadores, e non só poque non se teñan conservado. Máis a miúdo do que pensamos, a dificultade física de acceso, a arbitrariedade, ou a simple desorganización dificultan o traballo dos historiadores do noso país.
A fonte documental expresa, se non todo, unha grande parte dos procesos e feitos que sucederon no pasado. Non debe ser o único xeito de coñcer o noso pasado, pero é fundamental, explica Uxío Breogán Diéquez. O director do Centro de Estudos e Documentación da Cátedra Alexandre Bóveda desenvolveu un relatorio sobre o acceso ás fontes documentais no último Congreso de Novos Historiadores, que se desenvolveu no Consello da Cultura Galega entre o 5 e o 7 de maio. Segundo el moitas veces os documentos dan lugar a enganos e equívocos porque tamén se crean como resultado dunha vontade. Precisamente, o sesgo que posúen os documentos históricos muda moito segundo á epoca. Non é o mesmo enfrontarse a documentación medieval que moderna. O número de xente que na Idade Media podían recoller a realidade a través da escrita era unha elite, e aí vese como se lle dá máis importancia á vontade política sobre outras. Na Idade Contemporánea hai maior diversidade nas fontes documentais. Aparecen máis institucións e con elas medra a produción de escritos.
Os lugares
Á hora de falarmos dos lugares nos que se pode acceder a este tipo de fontes, Diéguez apunta que precisamente as institucións públicas deron co tempo nun importante legado de material histórico. Nos nosos días están os arquivos dos Concellos, das Deputacións,da Xunta ou do Parlamento, que conteñen basicamente documentos de carácter administrativo. Canda a estes, o historiador advirte da importancia crecente que están a ter para esta ciencia os arquivos privados. Hai fundacións e arquivos familiares que posúen importante documentación. Nos últimos anos está a destacar a fonte epistolar. Se a comezos de século as cartas eran un medio de comunicación de elites, na segunda metade do século foise xeralizando, achegando unha inxente cantidade de documentos que resultan claves para coñecer o exilio, os procesos migratorios ou a constitución dos movementos políticos do noso país. Nos útimos anos moitos arquivos privados deron lugar a fundacións que custodian os documentos, e facilitan o acceso aos memos, explica Diéguez.
O exilio documental
Dentro dos problemas para acceder a estes documentos, un dos que chaman máis a atención é a localización física dos mesmos fóra do noso país. A finais do século XV, coa eliminación da aristocracia galega, moita documentación destas familias vai para destacadas casas nobiliarias castelás, nomeadamente a Casa de Alba, explica Diéguez. Deste xeito, unha parte importante da documentación sobre a nosa Idade Media atópase en Madrid ou Valladolid. A expatriación dos documentos galegos chega tamén á Idade Contemporánea, cos coñecidos expedientes sobre a represión franquista que se conservan no Arquivo Histórico de Salamanca. Nos últimos anos desenvolvéronse diferentes iniciativas para conseguir que, cando menos, copias dos documentos históricos referidos a Galicia que se atopan en institucións e arquivos do exterior, volten para o noso país, de xeito que sexa máis facilmente accesibles aos investigadores. Nese sentido, o grado de cumprimento deste propósito varía moito. Para Diéquez, o traballo do Centro Superior Bibliográfico de Galicia ou do Centro Ramón Piñeiro coa edición de facsímiles ou a dixitalización de documentos é moi importante. Tamén o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura está a conseguir traer a Galicia boa parte da documentación da emigración e mais do exilio que se custodia noutros países. No campo contrario, volta mentar o caso dos famosos Papeis de Salmanca. Aínda estamos a agardar unha copia completa de todos aqueles xuízos sumarísimos que nos remiten á represión. Para os consultar hai que se desprazar alá, e por moito que viaxar sexa moi positivo, os recursos e o tempo dos investigadores adoitan ser moi limitados, conclúe.
A vonte dos arquiveiros
Xa dentro do noso país, os problemas de acceso son do máis variado, e dependen a miúdo do tipo de documentación que se busque e mais da época que se investiga. De xeito xenérico podemos dicir que moitas veces a facilidade de acceso a un arquivo depende do traballador con quen un se atope, explica Diéguez. Depende moito da sensibilidade do arquiveiro en cuestión. Deste xeito, a miúdo as entidades consultadas carecen cunha política específica de acceso á documentación que custodian, o que dá lugar a non poucas arbitrariedades que non sempre se poden explicar por motivacións políticas ou intereses corporativos. Por exemplo os responsables do Arquivo Diocesano da Catedral de Santiago atende sistemática e cortesmente a todo investigador que vai procurar documentación medieval. A outros niveis, non é estraño que xordan problemas para acceder aos arquivos parroquiais. Non son poucos os cregos que impiden que diferentes investigadores accedan a documentación sobre pasamentos relacionados coa guerra ou a represión. Isto aconteceu tamén con diferentes alcaldes.
O silencio sobre a guerra
E é que achegar información neste campo continúa a ser problemática para moitas entidades. De feito, foi célebre o caso da investigadora Cuca Tovar, que recorreu en 1986 por vía xudicial o seu dereito a acceder ao rexistro do cemiterio de San Francisco entre os anos 1936 e 1941. O alcalde negáralle o acceso a esta fonte, finalmente, no 87, obtivo por orde xudicial o dereito a consultala. Este non é un caso único pero si pioneiro, ao reclamarlle á xudicatura un dereito básico de acceso que está recollido na Constitución. O caso foi recollido con máis detalle pola historiadora Ana Bande no número 14 da Revista Murguía, no que analizaba precisamente os problemas de acceso dos historiadores ás fontes documentais. Malia a que nos últimos anos as reticencias foron minguando, aínda nos nosos días o acceso a determinados documentos sobre a represión franquista segue supondo un problema para diferentes historiadores. Hai arquivos militares que estando en Galicia, ata hai pouco non permitían o acceso a este tipo de documentos. Aos poucos van mellorando e vaise facilitando o traballo dos investigadores, recoñece Diéguez.
A desorganización
Outro grande inimigo para os historiadores á hora de acceder a fontes documentais é directamente a desorde ou o desleixo con que, durante anos, se acumularon este tipo de bens en determinados arquivos. A situación só mellorou nos últimos anos, cando a Xunta de Galicia iniciou un programa de apoio para que os concellos catalogasen, ordenasen e mesmo dixitalizasen a documentación que conservaban. Se ollamos unha década atrás esta documentación non estaba organizada. De calquera xeito, en moitos casos desapareceron documentos, perdéronse ou arderon, lembra Diéguez, quen explica que en ocasións, faltan períodos completos referidos á época da represión, a guerra ou mesmo a II República. Por regra xeral, hoxe o material que se conserva nos concellos está catalogado e informatizado, deuse un avance exponencial.
Como se pode ver, semella que aos poucos, o traballo dos historiadores que investigan o noso pasado está a se facilitar. É de agardar que nos vindeiros anos vexamos na nosa historiografía os efectos destes avances e que de resultas nos coñezamos un pouco mellor.