Será unha das escavacións do ano en Galicia. A Deputación de Pontevedra deu luz verde á escavación e musealización da Punta da Lanzada, en Sanxenxo. Baixo a area, na penÃnsula que conecta a terra firme coa illa co castelo e ermida medieval, 9.000 metros cadrados de superficie agóchanse dez séculos de Historia. Os arqueólogos procurarán nesas ruÃnas a pegada dos mercaderes fenicios que comerciaron co mundo castrexo, un dos capÃtulos menos coñecidos e máis apaixonantes do noso pasado.
Hoxe o illote da Lanzada, no concello de Sanxenxo, é un concorrido sitio turÃstico das RÃas Baixas. Están os restos da fortaleza medieval erguida pola Mitra compostelana para defender as costas do arcebispado da piraterÃa, a capela románica e a famosa praia na que a tradición prescribe un baño de nove ondas para obter a fertilidade. Pero poucos dos moitos visitantes deste lugar saben que alÃ, baixo os seus pés, existe un gran xacemento que contén máis de mil anos de Historia.
Unha iniciativa da Deputación de Pontevedra vinculada ao Proxecto Pousadas permitirá a excavación cientÃfica e musealización de dous xacementos arqueolóxicos no Salnés: A Lanzada e o Castro, en Ribadumia. A Lanzada é un dos espazos mÃticos da arqueoloxÃa galega. O motivo: a espectacularidade dos achados que nel se atoparon e as numerosas campañas e intervencións que tivo ao longo do século XX, hoxe non visibles. “E, ademáis, está moi afectado”, asegura Rafael RodrÃguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra, “se non intervimos acabará desfacéndose o pouco que queda”. As sucesivas obras da zona –urbanizacións e estradas- construÃronse sobre diferentes áreas da zona arqueolóxica, como a necrópole e, a zona de chalés, sobre o que algúns dos excavadores tipificaron coma o Sector Exterior, hoxe destruido polas urbanizacións.
En total, hoxe quedan máis de 9.900 metros cadrados de acrópole baixo a area, dos que se excavarán ao redor de 4.000. E. baixo esa area, unha vertixinosa secuencia estatigráfica de nove capas, que comezan na Idade do Bronce con cabanas de barro, rexistra destrucións pola acción do lume na primeira Idade do Ferro e a súa reconstrución posterior, a chegada de Roma e o final do Imperio, cando as necrópoles se comezan a aproximar ás vivendas, e a traca final: a construción da fortificación altomedieval construÃda por Sisnando II no século IX perante a ameaza normanda. O Castelo da Lanzada, por certo, foi o último baluarte irmandiño en caer nas mans da aristocracia en 1469. Non está nada mal para unha pequena punta da costa galega. Pero este antigo castro é tan raro que un dos excavadores dos anos 70, Francisco Fariña Busto, titulou o artigo no que resumÃa as excavacións como “un xacemento atÃpico”.
Douscentos cincuenta anos de investigación
Pero A Lanzada leva atraendo a atención dos investigadores e interesados na Historia desde hai séculos. O Padre Sarmiento especulou sobre o lugar hai moitos anos. En 1754 chegou a recoñecer o lugar e mesmo a elaborar un antolóxico croque do espazo, documentando un lugar no que se atoparan sepulcros, e a especular con que ese fosen as ruÃnas da mÃtica cidade de Lambriaca, que o historiador romano Pomponio Mela ubicaba na costa galega. Desde entón, figuras senlleiras da cultura galega teñen excavado no lugar: o máis coñecido é Filgueira Valverde. Tras el continuaron outros investigadores como Acuña Fernández, José Carlos Sierra, GarcÃa Alén ou Fariña Busto. A investigación xerou unha gran cantidade de material, depositado na súa maior parte no Museo de Pontevedra.
Foi o reestudo deste material o que deu de novo valor arqueolóxico ao xacemento. Os arqueólogos Rafael RodrÃguez, da Deputación de Pontevedra, e Alfredo González Ruibal, do CSIC, detivéronse en identificar as numerosas pezas cerámicas que levaban trinta anos almacenadas no Museo de Pontevedra. “O que nos chamou a atención”, comenta RodrÃguez, “é a cantidade de cerámica de importación mediterránea que habÃa entre os achados”. Nalgúns niveis do castro, como os que corresponden á segunda Idade do Ferro, a presenza de material púnico, fenicio, é moi elevada. E isto púxoos en alerta.
En diferentes excavacións feitas en castros das RÃas Baixas nos últimos anos (no Museo do Mar de Vigo, no castro de Monte Alegre, en Moaña, no castro de Alobre en VilagarcÃa de Arousa ou en Neixón, en Boiro) documéntase unha intensa relación comercial entre os castrexos e os intrépidos comerciantes mediterráneos. Algúns dos achados, ademáis, parecen indicar que aqueles contactos entre castrexos e púnicos non foron únicamente puntuais, senón que os mercaderes puideron ter establecidos emporia locais (establecementos comerciais) desde os cales comerciar de xeito máis estable cos indÃxenas. Ademáis, parece haber distintas épocas nesa relación comercial. A Lanzada pode xogar un importante papel para identificar os camiños dos fenicios en Galicia e a propia relación dos castros entre si. “Se os fenicios non están na Lanzada, non están en ningures!”, bromea Rafael RodrÃguez.
Monos na gaiola
¿Como será traballar no medio da zona máis turÃstica de Galicia? Para o equipo -4 arqueólogos, 2 restauradores, 1 técnico de difusión e divulgación e 12 escavadores-, será unha avantaxe máis que un inconvinte, un estÃmulo para desenvolver unha arqueoloxÃa moi social. “Durante a excavación”, sinala Rafael RodrÃguez, “imos tentar facer un ``aberto por obras´´, queremos ser case como monos nunha gaiola, que o turista interactúe perfectamente coa excavación. E unha vez que comece o curso escolar, haberá visitas para colexios, contacontos.... Mesmo os venres estamos pensando en facer a “visita especial”, na que os arqueólogos expliquen ao público a relación da Lanzada con outros xacementos castrexos”.
O proxecto tamén inclúe a musealización da Lanzada, decindindo cales son os restos que continuarán sendo visibles ao público, decidindo como será o mantemento, empregando moita cartelerÃa e realizando reconstrucións virtuais en 3D para que os usuarios poidan aproximarse á longa e intensa vida dun dos xacementos máis importantes para comprender as aÃnda moi descoñecidas relación de Galicia coas culturas mediterráneas na Antigüidade.

A Lanzada ao longo do tempo
Asà viu MartÃn Sarmiento o Campo da Lanzada