Son dúas das referencias do documental contemporáneo. Dunha banda, Jay Rosenblatt (Nova York, 1923), creador con estilo propio que ten unha capacidade particular para contar historias a través de imaxes de arquivo; da outra, Raymond Depardon (Villefranche-sur-Saône, 1942), fotógrafo membro da Axencia Magnum que chega ao documental na procura dun traballo directo, honesto que se vai convertendo máis plástico e estético co paso do tempo. Os dous estarán presentes na VI edición do Play Doc que arrinca hoxe en Tui.
O documental atopa o seu sitio, chámase Tui e nun formato de orzamento moi modesto (90.000 euros escasos) pero que soubo atopar na especialización e no traballo ben feito os ingredientes do éxito. Ten só seis anos ás súas costas, pero a mesmísima organización da Berlinale púxose en contacto dos directores do certame para iniciar unha relación para unha das seccións do afamado festival alemán. Malia que a punta do iceberg se evidencia nos 5 días que dura o certame, os organizadores traballan durante seis meses para conseguir pequenos fitos, como traer a dúas das referencias internacionais no mundo do documental como son Jay Rosenblatt e Raymond Depardon, do que se fai a primeira retrospectiva en España.
Know-how
Nós non sabemos traballar doutra maneira que non sexa poñernos retos que, unha vez superados, a idea é traballar ao máximo e facelo o mellor posible explica Ángel Sánchez. É o cincuenta por cento deste festival que se sostén exclusivamente co seu traballo e co de Sara García, a outra codirectora. Dedicámoslle preto de seis meses para construír un festival que inclúe, unha web en tres idiomas, tratar de convencer a xente de que veña, explicar o proxecto, coordinar, visionado de películas (este ano, para a selección oficial que consta de 31 filmes peneirados entre os máis de 700 que recibiron), subtitulado de vídeos e prensa explica Ángel. E así foron construíndo un certame nunha pequena vila e que ademais de dedicarse a un xénero practicamente descoñecido como é o documental, centráronse no carácter multidisciplinar do xénero e as súas interrelacións coa música, arte O festival ten a particularidade de que o cinema cobra vida e buscamos organizar seccións que nos acheguen outras disciplinas artísticas como a música, con concertos en directo, e con exposicións que este ano se centran en Manolo Paz e Antón Lamazares (dous artistas sobre os que reflexionan documentais que se presentan nesta edición) apunta Ángel. Ademais, nesa liña de descubrir alternativas ao produtos dos media, o festival centra este ano a súa ollada a La Blogothèque. Un proxecto que naceu en internet no ano 2004, un dos lugares de referencia da música independente e que, segundo Ángel revolucionou a forma na que se filma a música, ademais de ser un verdadeiro foro especializado da música.
Presente e futuro
Estamos nunha fase que o documental de autor é algo que está en fase de exploración e que, ademais, creo que aquí temos un talento incrible apunta o director ao tempo que recoñece que este ano houbo un lixeiro descenso de producións presentadas con respecto ao ano anterior e teño as miñas dúbidas con respecto a como será o vindeiro ano tendo en conta que as producións están pola crise, pero primeiro hai que centrarse. En canto aos proxectos para futuro, Play Doc vai permanecer fiel aos seus sinais de identidade de seguir potenciando o documental de autor e as súas relacións con outras artes pero haberá que seguir traballando para perfeccionar e ir mellorando. Nesta ocasión, das máis de setecentas obras recibidas a sección oficial exhibirá 31 títulos nos que alén do recoñecido Jay Rosenblatt (do que se achega unha retrospectiva de nove pezas que destaca pola súa ollada concisa e evocadora) ou Raymond Depardon (fundador da axencia Gamma aínda que foi moi coñecido pola súa actividade fotográfica na reputada Axencia Magnum) exhibirá documentais de Jorge Coira, Alberte Pagán e moitos outros. Canda eles, o programa musical está conformada proxeccións dos filmes que non entran na sección competitiva, dos concertos de Batida (grupo angoleño que ofrece unha curiosa samba electrónica e rap rupturista)e the Spinto Band. Curtametraxes e as exposicións do pintor galego Antón Lamazares e o escultor Manolo Paz completan o cartel que comeza hoxe en Tui. Dálle ao Play.