“HabÃa DVDs e manuais para aprender calquera tipo de baile menos o noso”. Asà explica Gustavo Couto, coautor de Bailabén como naceu a idea de crear un manual, con video incluÃdo, para aprender bailte tradicional galego sen necesidade de ir a unha academia. Este lanzamento de Edicións do Cumio, que leva unha semana nas librarÃas, ameaza con se converter nunha ferramenta fundamental na difusión desta arte. Ao tempo, amosa como está a mudar o xeito de nos relacionar coas nosas danzas populares.
“Non habÃa nada asà na cultura galega. PodÃas aprender Batuka, Tango ou calquera outra cousa con Cds e manuais, pero non o baile tradicional”, lembra Couto. Realmente, o proxecto comezou a se xestar hai catro anos no marco do I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. “Houbo unha mesa redonda sobre o ensino do baile, e na quenda de rogos e preguntas, mestres e profesores preguntaron como nunca se fixera un método de baile que puidesen empregar nas aulas”. A raÃz desa carencia, Couto falou coa súa compañeira, Edith Cotilla, e entre os dous comezaron a artellar o proxecto. “Revisamos os cursos de Batuka que tiña a miña sobriña pequena, e lanzámonos”.
O proxecto
Claro que, por moita experiencia que se teña en ensinar baile tradicional, un produto destas caracterÃsticas supón un investimento importante. “É unha produción custosa. O DVD ten unha calidade profesional, contratouse a Mister Misto e iso é caro”. A isto pódese engadir as numerosas fotos que explican os pasos básicos do baile. “O apoio de Edicións do Cumio foi importante porque desde o comezo estiveron moi abertos ao proxecto e deixáronnos traballar con total liberdade”. En total, desde que xurdiu a idea, pasaron catro anos, aÃnda que a elaboración da obra en si transcorreu ao longo do último ano e medio, coa colaboración do grupo Armadanzas de Laraño. O resultado, aÃnda que “está pensado como apoio para profesores á hora de dar clases”, permÃtelle a calquera interesado aprender só, e na súa casa, as bases do baile galego. Segundo recoñece Couto “é un nivel básico, pero unha vez que domines os pasos do DVD é cousa de se botar a bailar. Logo atoparás movementos que non aparecen alÃ, pero que serán doados de aprender”.
A presenza no ensino
Bailabén promete asà converterse nunha ferramenta importante á hora de introducir a muiñeira, a jota e outras danzas no noso ensino. “Na Lei Orgánica de Educación aparece que tanto en Educación FÃsica como en Música deben ensinarse unhas horas aos bailes propios”, lembra este ensinante. Polo momento, no entanto, “non se lle dá a estar todo o apoio que merece. Hai moitos nenos aos que nunca se lles falou de baile, nin de música tradicional nin de xogos populares”. Nese sentido, agarda que o manual axude. “Con isto, os profesores poden aprender no salón da casa e logo ensinar nas aulas”. Xa fóra do ensino, este profesional tamén considera que faltan apoios para a difusión destas tradicións. “Non existe un circuÃto de actuacións para o baile. A Orquestra Panorama, por exemplo, ten xa contratadas 220 actuacións para este Xacobeo. De certo que ningún grupo de folclore vai ter tantas”.
Aprender para se divertir
Fóra dos centros de ensino, no entanto, a situación non é tan mala, e as clases privadas de baile a cargo de academias ou de diferentes asociacións, mantéñense vizosos. “Na miña experiencia persoal, estou vendo que os pais que me traen os nenos ás clases, logo de seis meses ou un ano, pÃdenme que lles ensine tamén”, explica. Este fenómeno está, ao seu ver, relacionado cunha mudanza no xeito en que se percibe o baile tradicional, que está recobrando a súa dimensión lúdica orixinal. “Estase deixando atrás o estereotipo de que só serve para subir a un escenario: Nos oitenta houbera unha explosión de xente que se apuntaba con vistas a actuar, agora comeza a se bailar directamente na rúa. Fanse seráns e a xente sae, un pouco como se facÃa antes”. É neste contexto que cobra especial sentido o lanzamento de Bailabén, que permite se iniciar nesta práctica na intimidade do fogar e sen presións horarias. Esta mudanza nas tendencias inflúe tamén no xeito en que se recuperan e se interpretan os bailes. “É certo que cada profesor ten o seu estilo e o seu xeito. Poida que antes se buscase algo máis o espectáculo e que agora se busque máis fidelidade ao baile orixinal”, lembra Couto.
Pendentes de iniciar a xira de presentación deste proxecto, os autores de Bailabén non descartan continuar nesta vÃa de ensino do baile tradicional. “Dentro das presentacións queremos sacar xente do público e, co DVD, ensinarlles algún pequeno paso. Se a obra funciona, e polo de agora semella que se está a vender ben, haberá que facer un segundo volume para un nivel avanzado”, completa. Ou quizais, en breve, vexamos videoxogos interactivos que nos ensinan muiñeira, na vez de aeróbic ou ioga.
Fragmento de Bailabén.“Non habÃa nada asà na cultura galega. PodÃas aprender Batuka, Tango ou calquera outra cousa con Cds e manuais, pero non o baile tradicional”, lembra Couto. Realmente, o proxecto comezou a se xestar hai catro anos no marco do I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. “Houbo unha mesa redonda sobre o ensino do baile, e na quenda de rogos e preguntas, mestres e profesores preguntaron como nunca se fixera un método de baile que puidesen empregar nas aulas”. A raÃz desa carencia, Couto falou coa súa compañeira, Edith Cotilla, e entre os dous comezaron a artellar o proxecto. “Revisamos os cursos de Batuka que tiña a miña sobriña pequena, e lanzámonos”.