
Cunha intensa carreira activista na cultura e na polÃtica, en 2015 participou no nacemento da editorial e librarÃa Chan da Pólvora. Ademais, e segundo lembra a editora, "desempeñou un labor esencial como mentora de diferentes xeracións de poetas, desde Manuel Rivas a Antón Lopo". O seu papel resultou clave, asà mesmo, "como ponte entre Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda con Galicia durante os anos que viviron en Cuba".
A súa última aparición pública foi o pasado mes de setembro na presentación da antoloxÃa poética Prefiro condenarme de Margarita Ledo, acto que se converteu nunha homenaxe espontánea á figura de Salvado. "A poesÃa galega non serÃa a mesma sen a súa acción", lembra a editora nun comunicado.