Ligar o coñecemento que se xera nos movementos sociais co académico e darlle cabida nas universidades. Este é, moi simplificado, o proxecto da Universidade InvisÃbel. Este colectivo, nado hai un ano na Coruña, fai parte dun amplo proceso de renovación de movementos de base en todo o paÃs e que promete dar moito que falar nos vindeiros meses.
“É difÃcil dar unha definición ao xeito dun dicionario”, adianta Branda, un dos membros da Universidade Insivible. “Xorde coma un espazo de encontro entre xente que traballaba na Universidade da Coruña, que ao tempo facÃa parte de movementos sociais e que compartÃa oa idea de buscar xeito de hibridación entre o traballo da institución e a produción e distribución de saberes e conflitos destes últimos”. Profesores de todo tipo, investigadores, estudantes, persoal de administración e servizos, vencellados a FilosofÃa, AntropoloxÃa, Informática, Arquitectura, Dereito ou SocioloxÃa fan parte deste proxecto, que chega fóra das fronteiras da Coruña e conta con colaboracións de persoas e colectivos doutros lugares. “A idea foise abrindo a outra xente que comparte esa mentalidade activista ou fan produción de coñecementos desde outros espazos ou movemento artÃsticos”.
O traballo
En xeral, “trátase de abordar temáticas que teñen interese desde os movementos sociais pero que non teñen repercusión na universidade, explica Branda. “Aà xérase un tipo de coñecemento que queremos que a institución funcione coma caixa de resonancia”. Ao tempo, o colectivo pretende transformar a propia academia mediante o seu vencellamento aos movementos de base. “O proceso de Boloña, alén de crear dinámicas de mercantilización e precarización do coñecemento, constrúe tamén un modelo de universidade máis flexible. Ese contexto facilita a entrada de novos actores na mesma”, lembra este membro do proxecto. O recoñecemento de cursos alleos á propia institución, por exemplo, pode facilitar esa integración entre os dous elementos. A falar dun xeito máis concreto, no primeiro ano da Universidade InvisÃbel a actividade centrouse, alén de definir as propias liñas de traballo do colectivo, en catro grandes eixes. A cuestión dos migrantes; a sexualidade diferente e o movemento queer; a cultura popular e os modelos de habitar a cidade son o grandes temas que se tratan desde o proxecto. Arredor dunha trintena de relatorios arredor destas cuestións, seminarios para analizar o proceso de Boloña, e diferentes conferencias en centros sociais da cidade e aulas supoñen o resultado deste primeiro ano de traballo.
Múltiples colectivos
Canda ás iniciativas desenvolvidas pola Universidade InvisÃbel en si, o proxecto está a se configurar tamén coma un punto de encontro para outras propostas semellantes que están a xermolar pola xeografÃa galega. Iniciativas coma Ergosfera, centrada na análise e propostas de novas formas de habitar o espazo, Caosmosis ou o Proxecto Derriba fan parte da rede universitaria. “Queremos ser un espazo de encontro fluÃdo e múltiple”, explica Branda. “Estamos pensando en funciona coma unha interfaz ou un logo que se poida empregar por outros experimentos semellantes por todo o paÃs”. Ao longo deste ano as colaboracións dos invisibles intensificaranse. “Comezamos a traballar con xente da Costa da Morte que ten perspectivas semellantes. Por unha banda está o colectivo Axóuxere, en Rianxo, centrado na produción editorial e a dinamización cultural. Pola outra, está a Universidade Popular de Corcubión que ten puntos en común con nós. Tamén traballamos coa Universidade Nómada, que ten perspectivas que coinciden e traballa a nivel estatal”, lembra Branda.
O fenómeno
A multiplicación de iniciativas que traballan encol da produción de saber e a reflexión arredor dos movementos sociais, mesturando pensamento e activismo, dá para pensar ata que punto non está a mudar o terceiro sector galego. “Penso que nos últimos dez ou quince anos prodúcese en Galicia unha certa emancipación da polÃtica de movemento, no sentido de que moitos colectivos deixan de se subordinar a partidos ou sindicatos”, explica. “Aos poucos iso vai cobrando corpo, e nos últimos cinco anos fÃxose unha realidade perceptible, que se fixo adulta e que vai para alén da intervención non moi reflexionada na rúa. Vai xurdindo xente que non rexeita o activismo pero pensa que iso pode ir acompañado dun proceso de reflexión sobre o tempo e o espazo no que se vive”, explica Branda. O traballo dos centros sociais ou de Ergosfera son algúns dos exemplos que existen neste campo.
As vindeiras accións
Neste outono, o colectivo propón desenvolver unha serie de obradoiros para os que contan co apoio do Concello da Coruña. De novo cuestións coma a polÃtica queer, os procesos de control de migrantes, a cultura popular e as semióticas culturais visitarán locais sociais da cidade. Do mesmo xeito, tamén se tratarán estes temas en inciativas compartidas cos proxectos Axóuxere e a Universidade Popular de Corcubión. Desde esta última entidade, os invisibles queren levar á coruña un seminario sobre o pensamento postsituacionista francés que desenvolveron con grande éxito os da Costa da Morte. Haberá que lles seguir a pista, porque prometer dar moito que falar.