A dixitalización da obra de Castelao poderase consultar na rede

Cultura explica que “persisten dereitos de autor que impiden un acceso máis completo”

3/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
24 lecturas | Compartido 0 veces
O sitio web da Fundación Castelao e o do Centro Superior Bibliográfico de Galicia son os espazos nos que se poderá visitar, en breve, a obra completa de Castelao. Este é o resultado do proceso de catalogación promovido pola Consellaría de Cultura xunto coa fundación que leva o nome do intelectual, e que presentaron hai uns días. O material que se poderá consultar na rede ten dúas partes: dunha banda a ficha (descrición, reseña e identificación física de onde se atopa o orixinal) e da outra a correspondente dixitalización do documento ou imaxe que non será completa porque, segundo explican fontes de Cultura, “persisten dereitos de autor que impiden un acceso máis completo, e nalgúns casos non se deu permiso para o seu rexistro”.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios