Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, alén de prolífico (escritor, ilustrador, humorista gráfico....), foi unha persoa moi activa. Por iso, localizar o seu extenso material non se reduce a un tempo nin un lugar determinado. De feito, un equipo de cinco persoas coordinadas por Miguel Anxo Seixas pasou preto de dous anos localizando creacións en prosa, textos teatrais, artigos, debuxos, cartas entre Galicia, Arxentina, Estados Unidos, México ou Chile. En total, encheron 3.800 entradas dunha base de datos que culmina o proceso de catalogación máis extenso que se desenvolveu sobre o escritor. O conselleiro de Cultura, Roverto Varela, e o presidente da fundación que leva o seu nome, Avelino Pousa Antelo, presentaron o remate de proxecto de catalogación e estiman que só quedan unhas cen obras por catalogar.
Cultura e a Fundación Castelao culminan a catalogación máis completa da obra do intelectual
Son preto de catro mil rexistros espallados por todo o mundo
17 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
