Máis da metade da obra de Castelao está catalogada e dixitalizada

A investigación trasladarase a América onde o intelectual desenvolveu gran parte da súa actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Cúmprense 123 anos do nacemento de Castelao. Aproveitando a data, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, e Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación que leva o seu nome, reuníronse para facer un balance do traballo de catalogación universal da obra do intelectual. Das máis de 3.000 pezas que se calcula hai dispersas polo mundo, o 53% está catalogada, autentificada, dixitalizada e datada. Un traballo desenvolvido pola Fundación, no que a Consellaría investiu 300.000 euros e que estará a disposición do público na Biblioteca Nacional de Galicia. O equipo e investigación trasladarase este ano a América, onde se espera atopar a metade da súa obra pola intensa actividade que desenvolveu no exilio.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, América, Ánxela Bugallo, Biblioteca Nacional

Claves

Protagonistas
Lugares