Cultura destina 300.000 euros a catalogar a obra dispersa de Castelao

Xuntar as “Cousas”

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Foi un dos homes claves da cultura e da sociedade galega e a súa obra, tan prolífica como variada, está dispersa por máis de oito países. Aqueles lugares nos que Alfonso Daniel R. Castelao viviu e desenvolveu un fondo compromiso co país. A fundación que leva o seu nome e que preside outro mítico galeguista, Avelino Pousa Antelo, levaba anos tentando recuperar ese legado. Agora, grazas a un convenio coa Consellaría de Cultura, que dará 300.000 euros, poderán catalogarse os debuxos, escritos, obras de teatro, artigos e resto do material. O proceso terá lugar en 18 meses, chamaráselle Catálogo Universal Castelao, e estará no futuro Arquivo Nacional da Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Teatro, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos