Manuscritos de Castelao destacan entre os fondos que se dixitalizarán da Fundación Penzol

A Consellaría de Educación e Cultura asina un convenio para preservar o legado da Penzol

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Correspondencia de Castelao, notas manuscritas da súas estadías en Cuba Nova York, un álbum de debuxos orixinais (con seis autocaricaturas e unha da cuberta do mesmo álbum)… son algúns dos materiais que garda a Fundación Penzol. Un fondo que se dixitalizará grazas a un convenio que o presidente da entidade, Alfonso Zulueta de Haz, asinou hoxe co titular de Educación e Cultura, Xesús Vázquez. A Consellaría achega 35.000 euros e recibirá unha copia do dixitalizado que estará dispoñible na Cidade da Cultura. Os fondos incluén tamén documentos relativos aos Dominicos e aos Agostiños, fondos notariais pertencentes a Gómez Fernández e Francisco de Lerma e de varias asociacións recoñecidas.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Fundación Penzol, Educación, Consellaría de Educación...