O CCG e a Penzol asinan un convenio para dixitalizar o epistolario de Ramón Piñeiro

O epistolario do galeguista ascende a 8.000 cartas dirixidas a 1.300 destinatarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Unha das constantes na vida de Ramón Piñeiro foi a de cultivar as numerosas amizades que fixo ao longo da súa vida. Só así se explica que a día de hoxe existan na Fundación Penzol, que atesoura o seu legado, máis de 8.000 cartas nas que reflexionaba sobre a Galicia da época e outras cuestións. En total, tense documentado que hai 1.300 destinatarios. O seu estudo, análise e dixitalización será posible grazas a un convenio que asinaron hoxe Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Alfonso Zulueta de Haz, vicepresidente da Fundación Penzol.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Destinatarios con doble función

Destinatarios con doble función

Villares: “Piñeiro logrou unha internacionalización da nosa cultura a través de métodos moi rudimentarios como son as cartas”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Fundación Penzol, Ramón Villares, Consello da Cultura Galega