O Consello da Cultura e a Fundación Penzol recuperarán 8.000 cartas de Ramón Piñeiro

A iniciativa fai parte dun proxecto máis amplo de recuperar o epistolario de galeguistas ilustres

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Consello da Cultura e a Fundación Penzol recuperarán 8.000 cartas de Ramón Piñeiro

Se foron moitos os interlocutores que se sentaron arredor da mesa de braseiro de Ramón Piñeiro, foron moitos máis os que se escribiron con el. Escritor incansable, cultivador como poucos do xénero epistolar, as cartas foron outras vías do “socratismo” que profesou Ramón Piñeiro. O conxunto das cartas, que supera as 8.000 unidades dirixidas a 1.300 destinatarios, está fisicamente na Fundación Penzol. Agora, grazas a un convenio do Consello da Cultura Galega (CCG) con esa entidade procederase á dixitalización e catalogación para a súa posterior divulgación. Non é unha iniciativa illada, senón que fai parte dun proxecto do CCG para dixitalizar e catalogar o epistolario de galeguistas ilustres e que xa iniciaron con Luis Seoane e Francisco Fernández del Riego.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Fundación Penzol, Francisco Fernández del Riego, Xénero...