Correspondencia de ida (e volta)

Recreamos a bandexa de saída do correo de Ramón Piñeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Correspondencia de ida (e volta)

Unha carta e un par de libros. Así teñen comezado moitas das amizades que Ramón Piñeiro cultivou durante a súa vida. E non foron poucas. As 8.000 cartas a 1.300 destinatarios distintos que se gardan na Fundación Penzol dan fé dese empeño do galeguista por cultivar súas amizades. Os que non se podían sentar físicamente na súa mesa de braseiro, mantiveron contacto con el por carta. Agora, cando se lle dedica o Día das Letras Galegas, recreamos a bandexa de saída do correo de Ramón Piñeiro.

Desempoar, catalogar, dixitalizar e logo difundir o seu epistolario é a tarefa que se acaba de propoñer o Consello da Cultura Galega. Para iso acaba de asinar un convenio coa Fundación Penzol, entidade que alberga a biblioteca e arquivo de Piñeiro que comezará a ter resultados a partir do vindeiro ano.
Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Culturagalega, Fundación Penzol, Día das Letras Galegas...