Telefónica dixitalizará o legado de Díaz Pardo

Asiniou un convenio coa Consellaría de Cultura para realizar este labor

29/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A compañía Telefónica será a responsable dos traballos de dixitalización de 8.600 documentos do legado de Isaac Díaz Pardo. A compañía asinaba esta mañá un convenio coa Consellaría de Cultura polo que realizará este labor, achegando os medios técnicos e o persoal necesario. Isaac Díaz Pardo depositara na Biblioteca de Galicia a maior parte dos fondos históricos do galeguismo que atesouraba no Instituto Galego de Información. Entre o material a dixitalizar atópase correspondencia, fotografías, debuxos, carteis ou pinturas entre outros benes.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isaac Díaz Pardo, Biblioteca de Galicia

Claves

Protagonistas