En pleno trebón sobre o futuro do patrimonio cultural de Sargadelos, Isaac DÃaz Pardo asinaba onte un convenio de colaboración coa ConsellarÃa de Cultura. En virtude deste acordo, Cultura achega unha axuda de 30.000 euros ao Real Padroado de Sargadelos. Boa parte dos fondos destinaranse ao funcionamento e mantemento da Casa de Administración, que actualmente funciona como centro de interpretación da antiga fábrica de cerámica. Tamén se empregarán estes cartos para desenvolver o proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos en Cervo. O acordo non afectará, polo tanto, aos bens patrimonais recentemente desaloxados do Instituto Galego da Información. Isaac DÃaz Pardo, pola súa banda, anunciaba nunha entrevista publicada hoxe en La Voz de Galicia que tratou cos responsables de Cultura a posibilidade de desenvolver unha entidade que gestione este legado.