Díaz Pardo enviará os fondos de Sargadelos á Biblioteca de Galicia

O acordo, pendente de asinar, prevé a cesión como depósito deste patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As arredor de 1.200 caixas de documentos, bibliografía e todo tipo de material que atesoura Isaac Díaz Pardo irán finalmente para a Biblioteca de Galicia. Segundo anuncia hoxe La Voz de Galicia, o acordo aínda pendente de asinar pero prevese que a fórmula sexa a cesión gratuíta dos fondos como depósito. Díaz Pardo sinala que este inxente patrimonio documental inclúe o material que custodiaba o Instituto Galego da Información, máis fondos dos Seminario de Estudios Galegos, a biblioteca de Cerámicas do Castro ou arquivos chegados da emigración.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca de Galicia, Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, Documental...