O Consello da Xunta acolleu hoxe un informe sobre os fondos cedidos por Isaac DÃaz Pardo á Xunta de Galicia en réxime de comodato (é dicir, gratuitamente e con posibilidade de restitución aos herdeiros). E a colección é fascinante: os fondos dos diferentes proxectos intelectuais e empresariais de DÃaz Pardo, pero canda eles, fondos persoais do seu pai, Camilo DÃaz Baliño, Manuel DÃaz Rozas, Chamoso Lamas, Lorenzo Varela, ou organismos como o Consello de Galiza (o goberno galego no exilio). Cultura informou que leva catalogados máis de 5.000 fondos dun total de aproximadamente 16.000 volumes, pero no fondo de DÃaz Pardo hai moito máis: cartas, recortes, carteis, fotografÃas,e outros materiais. O obxecto da cesión, segundo a Xunta, é "promover o estudo dos fondos, fomentar e difundir o coñecemento xeral do patrimonio cultural galego". A Xunta sinalou que se vai dixitalizar "unha selección de obras"