O patrimonio do IGI podería ir para a Cidade da Cultura

O Consello da Cultura Galega reclama que o legado fique en Galicia

14/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Os preto de 30.000 volumes que Isaac Díaz Pardo conservaba no Instituto Galego da Información poderían rematar na Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura. O veterán galeguista recoñeceu que na xuntanza que mantivo o pasado martes con Roberto Varela, responsable da Consellaría de Cultura, recibiu esta oferta, que está a valorar, segundo adianta hoxe Xornal de Galicia. A intención de Díaz Pardo é que, no caso de se incorporar a este centro, os fondos se conserven separados do resto e debidamente catalogados para permitir o seu acceso a investigadores.

Pola súa banda, a Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega amosou esta mesma mañá a súa preocupación polo futuro deste material, xa que considera "un quiñón esencial do patrimonio cultural colectivo de Galicia, fardel da nosa memoria histórica e prenda de transmisión de moitos dos nosos devanceiros á posteridade". Nese sentido, a institución salientou a necesidade de que esta material se conserve e se poña en valor ao servizo de Galicia.
O Consello da Cultura iniciara tarefas de dixitalización e ordenación deste patrimonio, un traballo que agora ficou inconcluso co traslado do material.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Isaac Díaz Pardo, Roberto Varela, Biblioteca de Galicia...