Cultura apoia a dixitalización de parte do fondo da Fundación Penzol

Os fondos estarán accesibles en rede a través Arquivo e da Biblioteca de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Unha achega de 50.000 euros da Consellaría de Cultura permitirá achegar ao catálogo dixital do Arquivo e da Biblioteca de Galicia unha selección de fondos dixitalizados da Fundación Penzol. O conselleiro Roberto Varela asinaba esta mañá un convenio co vicepresidente da Fundación, Alfonso Zulueta, polo que esta entidade se encargará de dixitalizar e catalogar 521 documentos históricos da cultura galega e 913 fotografías do Fondo Otero Pedrayo que fan parte do seu legado, e que se conservará fisicamente na sede da Fundación. O convenio afecta a textos que van desde a Idade Media ata o século XX de autores como Rosalía de Castro, Montero Ríos, Alfredo Brañas, Pondal, Curros Enríquez, Pardo Bazán, Antón Vilar Ponte, Castelao, Bóveda, Vicente Risco ou Valle-Inclán.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol, Biblioteca de Galicia, Antón Vilar Ponte, Roberto Varela...